- Renovación da Xunta Directiva.
ASOCIACION SAGRES
ASEMBLEA XERAL
RENOVACION DA XUNTA DIRECTIVA
Abrese o prazo para presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva da Asociación Sagres, en defensa do litoral ata o 2 de decembro.
NAVEGAR COS SENTIDOS ©2011
- PRESENTACIÓN
O programa NAVEGAR COS SENTIDOS desenvólvese ao longo do mes de agosto de 2011 combinando actividades de coñecemento do medio e patrimonio da cultura mariñeira da nosa costa coa navegación a vela.
A Asociación Sagres pode realizar esta actividade grazas á subvención da Deputación da Coruña e a colaboración desinteresada do Progama de Vela para Todos da Asociación Ambar, Clube Náutico de Ribeira e á coordinación de Sportiba, Consultoría Deporte.
Os grupos de vela son de 8 nenos e o equipo docente está formado por 3 profesores, 2 de vela e una educadora medioambiental, así como 4 voluntarios.
As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.
DESTINATARIOS
Navegar cos Sentidos é un programa dirixido a todas aquelas persoas que queiran achegarse ao mar e facer do seu coñecemento unha experiencia única.
PROGRAMA
Os obradoiros naúticos, de fotografía así como os roteiros medioambientais estarán abertos a todos os públicos ata encher foro. Realizaranse no Salón da Confraría de Aguiño e Carreira.
A actividade de vela desenvólverase desde o Pañol do Clube Náutico Riveira (Praza da Lonxa, s/n – entrada Avda. do Malecón, Ribeira.
CLAUSURA DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES
25 de agosto en Penisqueira ás 14 h. para todos os participantes no programa.
DATAS, HORARIO E IDADES
• SEMANA 1: Do 8 ao 11 de agosto;de 10:30 a 18:30 horas, para maiores de 12 anos.
• SEMANA 2: Do 15 ao 18 de agosto, de 10:30 a 13:30 horas; para rapaces de entre 8 e 12 anos.
• SEMANA 3: Do 22 ao 25 de agosto; de 10:30 a 13:30 horas; desde 8 anos en diante.
MATRÍCULA
SEMANA 1: 32€
SEMANA 2: 16€
SEMANA 3: 16€
INSCRICIÓN
Prazo de inscrición, do 15 ao 25 de xullo
Na páxina: http://www.asociaciónsagresblogspot.com.
A adxudicación provisional das prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición.
A adxudicación definitiva realizarase o facer o ingreso correspondente na conta 2091 0339 71 3000035881 de CAIXA GALICIA, facendo constar o navegar/nome do participante, do 26 ao 28.
En caso de non realizar o aboamento chamarase ao seguinte na lista de reserva.
CONSELLOS E RECOMENDACIÓNS
INDUMENTARIA E PROTECCIÓN. É importante recordar que a actividade se realiza ao aire libre, polo que os nenos/as deberán traer calzado deportivo, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, crema protectora para o sol, gorro. Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse a finalizar a actividade.
COMIDA. Aconsellamos que os pequenos leven unha botella de auga. O maiores traerán a súa propia comida.
CÁMARA. Co fin de poder realizar o Caderno de Bitácora os rapaces que teñan cámara poderán traer a súa propia cámara de fotos.
Cubre os seguintes datos para inscribirte
FICHA DE INSCRICIÓN
SEMANA 1 SEMANA 2 SEMANA 3
(DATAS E HORARIO DO CURSO:
Semana 1: luns, martes, mércores, xoves de agosto; de 10:30 a 18:30 horas.
Semana 2: luns, martes, mércores, xoves de agosto; de 10:30 a 13:30 horas.
Semana 3: luns, martes, mércores, xoves de agosto; de 10:30 a 13:30 horas)
________________________________________
Os datos subministrados nesta ficha están protexidos pola Lei 15/1999 de Protección de Datos e unicamente serán utiliazados co obxectos de informar sobre as actividades da asociación.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderán executarse mediante correoelectrónico ou postal, á seguinte dirección respectivamente:asociacionsagres@gmail.com /Asociación Sagres,Confraría de Pescadores, s/n Aguiño. 15965. A Coruña
http://www.asociaciónsagresblogspot.com