LA VOZ DE GALICIA
BARBANZA.Colectivos de Aguiño gritaron no a un proyecto de depuradora que comparan con el «Prestige» «Non máis merda, xa chegou co chapapote», corearon cientos de vecinos en Ribeira Autor: María Hermida Fecha 30/8/2009 URL: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/08/30/0003_7937242.htm
EL CORREO GALLEGO
RIBEIRA.Aguiño se manifestó ayer contra la gran depuradora de Couso 30.08.2009 Cientos de vecinos piden cambiar el proyecto para no concentrar todos los vertidos en una sola planta URL: http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/aguino-manifesto-ayer-gran-depuradora-couso/idEdicion-2009-08-30/idNoticia-462549/
DIARIO DE AROUSA
RIVEIRA A golpe de paraguas simbolizaron el negro nubarrón que supondrá el proyecto sobre la parroquia Cientos de vecinos se concentran para exigir que no se construya la macrodepuradora en Couso L. ROMERO > RIVEIRA
http://www.diariodearousa.com/hoy/barbanza/barbanza001.html
XORNAL
Veciños protestan pola depuradora de Aguiño
[URL] http://www.xornal.com/artigo/2009/08/29/galicia/vecinos-protestan-pola-depuradora-aguino/2009082923130224461.html _________________________________________________
MANIFESTO
Queremos comezar poñendo de manifesto o noso apoio ás actuacións que contribúan a PRESERVAR, MELLORAR E PROTEXER O NOSO MEDIO, por iso dicimos: DEPURAR SI, PERO NON ASÍ.
Non a un proxecto que ten como único obxectivo construír unha macrodepuradora no peor dos sitios posibles. Nun sitio sensible, produtivo e sen correntes oceánicas, no que é imposible prolongar un emisario por haber un frontón de pedra de máis de 5 km.
O que solicitamos para Ribeira é un plan de saneamento integral que acabe coa contaminación e cos cheiros e que depure realmente todos os residuos, industriais e domésticos. Un plan de depuración operativo e funcional que contemple en primeiro lugar, a carga máis contaminante, a industrial. E que avogue pola depuración en orixe, como a toda a normativa europea recomenda. Non se poden carrexar os residuos máis de 14 Km por toda a costa do concello e concentralos nun só punto, incrementando riscos, gastos e poñendo en perigo a propia efectividade da depuración.
Non se pode elixir un lugar sen máis , sen ningún tipo de estudo de impacto ambiental, de avaliación estratéxica… Cun único criterio: ser a punta máis saliente do concello e crear un problema onde non o hai. Depurar si, depurar os residuos, si. mellorar a calidade das augas B ou C, si. pero nós temos augas a e non queremos que nolas convertan en C.
SI A DIVIDIR A DEPURACIÓN en varias instalacións para minimizar ata límites razoables e previsiblemente compatibles coa actividade pesqueira os riscos derivados da contaminación difusa e eventos
de verquido accidental (posibilidade que contempla a alternativa A do proxecto).Queremos un proxecto que se converta nunha solución e non nun problema máis. Non queremos que unhas custosas instalacións que deberían acabar cos problemas de verquidos acaben sendo os principias focos de contaminación do noso mar. Queremos depurar e non aparentar que se depura.
Estamos aquí para defender o noso traballo. A finalidade da urxencia da depuración das augas residuais do Concello non xustifica poñer en perigo o noso futuro económico fundamentado nunha actividade pesqueira tradicional sustentable que sostén a un numero crecente de traballadores e traballadoras do mar en Aguiño e Ribeira. Porque este proxecto acabará cun dos bancos marisqueiros e pesqueiros máis importantes e produtivos do noso mar.
E defender o noso patrimonio natural, un patrimonio que está en Aguiño pero que a todos nos pertence. Aguiño é o lugar que une o Parque Nacional das Illas Atlánticas e o LIC de Corrubedo- Couso é unha Area Mariña Protexida polo Convenio do Atlántico Nordeste OSPAR. Esiximos unha depuración que respecte os valores ambientais e sociais… Porque onde vivimos importa, DEPURAR SI, PERO NON ASÍ